RAÚL DANS
Premi Born 1997

A Coruña, 1964.


Premios

  • Water Look. Premio de Teatro do Certame Literario convocado pola Comisión Cultural da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Ano 1990. Publicada na revista Ólisbos (Santiago de Compostela, outubro de 1990).
  • Matalobos. Premio Rafael Dieste para textos teatrais. Ano 1993. Publicada na Colección de Textos Teatrais da Deputación de A Coruña (A Coruña, novembro de 1993).
  • Lugar. Premio Álvaro Cunqueiro de Teatro. Ano 1994. Publicada por Edicións Xerais (Vigo, novembro de 1995).
  • Ondada, Exterior–día e O proceso. Premios Obradoiro na Rúa para guións de Curtametraxe. Ano 1997.
  • O paso (versión en castelán). Accésit no Certamen Literario Ciudad de Hellín (modalidade de Teatro Breve). Ano 1997.
  • Derrota (versión en castelán). Galardoada ex–aequo co XXII Premi Born de Teatre. Ciutadella de Menorca, 1997. Publicada na Revista Escena (Barcelona, setembro de 1997).

1999

  • Intervén no I Foro de Literatura Creart (Silleda) co relatorio Autorretrato do Dramaturgo cando Novo.
  • Ondada: finalista na III Edición dos Premios Agapi 1998 no apartado de Mellor Guión de Curtametraxe.
  • Forma parte do Xurado dos III Premios María Casares de Teatro.
  • Lugar estréase no Teatro Colón de A Coruña (3 de marzo). Unha producción do Centro Dramático Galego dirixida por Antonio Simón.
  • Imparte o curso «Apuntamentos sobre o guión» no Máster de Estudios Audiovisuais e Teatrais. Universidade de A Coruña.
  • Publicación das obras Cita co Diaño e O paso. Tristram Editores, Lugo.

1998

  • Autor do Manifesto Galego do teatro.
  • Finalista do Premio Rafael Dieste coa obra Estrema.
  • Participa en Trasatlántico (Encontros na Finisterrae) –ponencias e debates baixo o lema Tarefas da Literatura na Fronteira do Milenio– coa ponencia «Suxerencias e Suxestións». Universidade de Santiago de Compostela. Muros (A Coruña).
  • Intervén no Curso de Verán Historia, teoría e práctica do cine coa charla titulada «Sobre o Guión e os Guionistas». Universidade de A Coruña. Betanzos (A Coruña).
  • Ponente no III TEATRAgal (Correntes e Tendencias escénicas) co relatorio Horizontes de liberdade. INGAT/C.D. de Viana do Castelo. Cangas do Morrazo (Pontevedra).
  • Guionista dunha nova etapa da serie Pratos combinados, comedia de situación producida por Editorial Compostela para a TVG.

1997

  • O proceso, Exterior–día e Ondada resultan premiados no Certame Obradoiro na Rúa para guións cinematográficos.
  • O paso, peza breve nun acto, é galardoada co accésit do Premio de Teatro Breve Ciudad de Hellín.
  • Guionista de Pratos combinados, comedia de situación producida por Editorial Compostela para a TVG.
  • Publicación de Derrota. Revista Escena. Barcelona, septiembre de 1997.
  • Derrota resulta galardoada ex–aequo co XXII Premi Born de Teatre. Ciutadella de Menorca, novembro 1997.

1996

  • Desenvolvemento de idea, argumentos e guións de Fóra de onda, comedia de situación producida por Adai Films para a TVG.
  • Guión de A grande viaxe, a partires de O Suso de X.L. Méndez Ferrín. Esta curtametraxe producida pola A.C. Caos e dirixida por X.A. Jiménez recibe o 1.° Premio do XIX Concurso Nacional de Cine e Video de Palencia e unha Mención Honorífica no Certame de Video de Vilagarcía de Arousa.
  • Asiste, en calidade de Editor de Guións, ao Seminario de Escritura de guións en equipo –patrocinado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e o CGAI– con Nove nunha nave, proxecto para comedia de situación producido por Vici Produccións. Idea orixinal de X.X. Cabanas Cao, Miguel Castelo Agra e Raúl Dans. Pazo de Mariñán (A Coruña).

1995/94

  • Asiste ó curso «O cine como experiencia da realidade» impartido por Víctor Erice no CGAI.
  • Matalobos estréase no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña (4 de maio, 94). Grupo de Teatro de la Universidad de Santiago, baixo da dirección de R. Salgueiro.
  • A súa peza Lugar é galardoada co Premio Álvaro Cunqueiro de Textos Teatrais (Edicións Xerais, 1995).

1993

  • Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais da Deputación Provincial de A Coruña pola obra Matalobos.
  • Asiste ó curso «Da Literatura ó Cine» impartido por J.A. Porto no Centro Galego das Artes da Imaxe de A Coruña.

1991/90

  • Asiste a varios cursos e seminarios relacionados coa escritura teatral e cinematográfica, becado pola Deputación Provincial de A Coruña dentro do programa de promoción das Artes Escénicas:
    • Seminario de Dramaturxia Textual, taller de escritura dramática impartido por José Sanchis Sinisterra na Sala Beckett. Barcelona.
    • Seminario de Estructura argumental del guión, celebrado en Barcelona baixo a dirección de Robert McKee. Barcelona.
    • Seminari Cine–Vist (ciclo de conferencias sobre o proceso de producción e realización dunha longametraxe): Rosa Romero, Pere Portabella, Josep Rosell… Barcelona.
    • El guión cinematográfico, curso impartido por Simon Feldman. Barcelona.
    • O guión dos audiovisuais, impartido por J.A. Porto no Centro Galego das Artes da Imaxe. A Coruña.
  • Guionista colaborador do programa Fatal, fatal, fatal, dirixido por A. Simón para a TVG.
  • Premio de Teatro do Certame Literario convocado pola Comisión Cultural de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela pola obra Water Look.
  • Fundador da Asociación Cultural Caos para a «experimentación e a creación audiovisual».

1988/85

  • Diversos traballos como actor no grupo de teatro Tespis, na compañía Luis Seoane e no Centro Dramático Galego:
    • Pinocho, de C. Collodi. Dirección Xosé Redondo.
    • Fusquenllos, de D. Cortezón. Dirección Xosé Redondo.
    • Forzas eléctricas, de Manuel Lourenzo. Dirección do autor.
    • Aquela historia de Bly, de Manuel Lourenzo. Dirección do autor.
    • O mozo que chegou de lonxe, de J.M. Synge. Dirección de Mario Gas.
  • O seu primeiro texto teatral, Sopa de estrelas, recibe unha subvención para a producción da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. É adaptada pola Cía. Salamántiga para a súa estrea no Teatro Principal de Santiago.
  • Guionista do programa de humor Vale vale para a TVE en Galicia.

1985/83

  • Guionista e locutor dos seguintes espacios nas emisoras de RCE e RNE en A Coruña:
    • Sin título (programa de humor).
    • Ráfagas (espacio dramático).
    • Imos gratis ó teatro (microespacio de información teatral).
    • Amencer na Catro (magacín dirixido por Marina de la Pena).
  • Actor de dobraxe desde 1985.

 

  Cerrar